CARMA

Enxeñaría acústica avalada por unha sólida experiencia.
Expertos en ofrecer solucións ás necesidades acústicas e conflitos derivados do ruido.

Seriedade

A confianza que depositan en nós os nosos clientes é un dos piares fundamentais da nosa empresa.

Compromiso

Facemos nosos os problemas dos nosos clientes, ofrecendo as solucións máis axeitadas en cada caso.

Axilidade

Centrámonos nunha organización efectiva e orientada a dar valor ás demandas dos nosos clientes.

Innovación

Investimos na procura de novas tendencias e materiais que se adapten ás necesidades dos nosos proxectos.

ordenador de mesa

Profesionais
con sólida
experiencia

Somos un estudio de enxeñaría homologado pola Xunta de Galicia para a emisión de certificados acústicos, necesarios para licenzas de actividade, primeira ocupación e informes periciais.
Con máis de 17 anos no sector, decidimos emprender o noso propio proxecto co fin de centrar os nosos esforzos nas necesidades reais dos nosos clientes, achegando solucións adaptadas a cada caso, dunha forma profesional, áxil e garantida.

Servizos

esquema estudio justificativo

Estudos Xustificativos

Estudos Xustificativos

Dispoñemos do software preciso para realizar no mínimo tempo posible os estudos xustificativos necesarios en proxectos de enxeñaría e arquitectura , dando cumprimento ó documento de protección fronte ó ruido DB-HR do CTE, Ordenanzas Municipais e outras normativas.

operario

Proxectos Acústicos

Proxectos Acústicos

Tomando como base un primeiro estudio in situ do local e as características particulares, proporcionamos aquelas solucións máis axustadas ás necesidades reais do local, acordes ó tipo de actividade e o horario de apertura, minimizando costes, maximizando recursos, reducindo os tempos de execución e garantindo os obxectivos marcados.

operario

Certificacións Acústicas

Certificacións Acúticas

Contamos cos equipos máis avanzados para realizar os ensaios de control de calidade acústica e tódalas acreditacións precisas para a emisión dos certificados acústicos obrigatorios en licenzas de actividade, primeira ocupación e informes periciais.

operario

Acondicionamentos Acústicos

Acondicionamentos Acústicos

O comportamento acústico no interior dun local é un punto esencial para a comodidade dos seus usuarios. Mediante un estudio in situ e avanzados sistemas de simulación, proporcionamos solucións para conseguir un ambiente agradable, dando ó recinto un perfecto confort acústico.


Contáctanos

operario

Inspeccións

Inspeccións

Para poder evaluar o grao de contaminación acústica en interiores e exteriores, realizamos inspeccións sonométricas e elaboramos os correspondentes informes con tódalas garantías legais que permitirán avalar posibles demandas xudiciais.


Contáctanos

fachada

Estudos de Impacto Ambiental

Estudos de Impacto Ambiental

Realizamos os ensaios para o control de calidade que permiten coñecer a incidencia acústica de calquera actividade cara o seu contorno e a súa posterior comparación cos límites legais. Por exemplo, aquelas empresas que na busca de ofrecer os máximos estándares de calidade, requiren o cumprimento dos requisitos das normas ISO 14000.

grafico sonoro

Prediccións Acústicas

Prediccións Acústicas

Temos o software imprescindible para realizar prediccións acústicas que permiten coñecer o futuro impacto ambiental de calquera actividade, anticipándonos a posibles problemas e aportando as solucións máis axeitadas en cada caso.


Contáctanos

estudios de impacto ambiental

Calidad, garantía y agilidad

Calidade, garantía e axilidade

Este é o compromiso cos nosos clientes. Para poder ter unha valoración real, implantamos un control de calidade onde, entre outras cousas, medimos o grao de satisfacción dos nosos colaboradores, sometendo o noso traballo a unha posterior evaluación co fin de ofrecer o mellor servicio a unha excelente relación calidade/prezo.


Novas

Últimos Tweets


Últimas Novas en Facebook


Séguenos en Instagram


Contacto

Oficina Técnica

Rúa do Hórreo 22, 3º

15701 - Santiago de Compostela

A Coruña

602 941 076

cia@carmaingenieria.com

logotipo empresa

Redes Sociais

Facebook

Twitter

Instagram

Usamos cookies propias e de terceiros para mellorar a súa experiencia como usuario.
Se continúa navegando consideramos que acepta o seu uso. OK Máis información